Demanda

285px-Boats_in_Minho_river

 

Se a fortuna, ou o devalo misterioso dos planetas,

xa escribiu o meu destino

e hai un mármore perdido entre ruínas no deserto

co meu nome alí disposto,

indicando os pormenores,

o lugar e o tempo exactos,

nada teño que engadir.

 

Mais, se cabe unha demanda

e é posible que a vontade

deste humilde trobador

interfira no destino,

unha cousa solicito:

que sexa aquí, xunto a este río,

non moi lonxe do solpor,

en primavera.

Advertisements