das pedras espalladas

534522_242527042540247_1322372799_n

no asombro vespertino da límpida lanterna
do sol como unha escura medalla de tristeza
os brazos das estatuas, os brazos arrincados,
asoman entre as páxinas gardadas
dalgún dos meus cadernos de viaxe

son fotos de palacios, lugares que cruzaba
en busca dalgún soño, circunspecto,
levado por un vento doutro século,
nalgún deses países que nunca visitei
por máis que neles fose
visible aquel meu corpo
dos anos que fuxiron

que certo debe ser que ás veces a viaxe
é só unha forma de ausencia

ningunha outra mirada lle outorgue a exaltación
do amor ao viaxeiro
como esas das estátuas,
dos altos capiteis,
das pedras espalladas

Advertisements