Fatal

hayworth

Nos soños que comezan a voar,
madeiras que chegaron de barcos afundidos,
o tempo sen máis forma que a pura exhalación,
ollei por un instante a última mirada,
posuído por doenzas que levan ao fracaso,
e vin de novo o rostro
daquela que eu amei
nun tempo e nun espazo
perdidos,
perdidos.

Se acaso alguén pregunta qué foi da súa beleza
na roda na que xiran os meses baixo a chuvia,
resposta non terei,
que as linguas nunca saben se poden apañar,
por sabio, por fermoso que sexa o teu discurso.
o nítido brillo das uvas no mes de setembro.

Seguindo un río lento de augas enlamadas,
con músicas que logo ficaron consumidas,
un lume, unha faísca, un voo de aromas gratos,
camiñas aínda espida,
fragmento dun relato que nunca escribirei,
sulcando a conxunción dos astros que se viran
nas néboas desa gándara inmensa do baleiro.

Advertisements