Incerteza dun deus do lugar

tumblr_m2y7fprqDF1qhop1zo1_500

O deus que puña ouro na luz sobre as areas
e mesmo acariñaba a lúa no teu ventre
e dixo andar ferido por aves solitarias
aquí sentado escoita paxaros a caer
solemnes no solpor soberbio que se inclina.

As caixas que gardaban as lágrimas da noite,
e a imaxe do abandono, a foto balorenta,
deposta e derrotada de pánico e fracaso,
materias que ficaron nun cólico de sombra,
baleiran sobre a tarde unha tristeza.

E o deus que se deriva do sol entre a linguaxe
e leva un barco antigo por augas acalmadas,
oh príncipe feliz na proa solitaria,
contempla esta delicia do mar a espreguizarse,
incerto e bretemoso pola néboa.

Advertisements