Errante

tumblr_m1c51bo1Ot1qcvsvao1_500

Os días en que prende o rumbo dos outonos,

deixando sobre a terra un selo de humidade

e un tacto de noitiñas que se agrandan,

medrando a latitude das sombras contra as casas,

emerxe un canto amargo de días clausurados,

xornadas que afundiron nas simas do mar

e deron o seu berro derradeiro,

nos límites da alma, na estrema da paixón.

 

Son días para andar seguindo unha ribeira,

deixando que unhas augas que devalan

che guíen o falar,

dispoñan a túa búxola nos mapas e proclamen: por aquí,

o norte está fixado, non tes alternativa,

agora has de seguir a senda que marcamos,

a terra dun carreiro que a chuvia debuxou,

a liña que trazaron sllentes alimarias.

 

Así que te abandonas

a andares tan errante

que o século contempla

inerme o teu pasar.

Advertisements