letra de canción que ninguén compuxo

1310

setembro vello que no ceo culminas

un mudo asombro de tardes longas

meu grato amigo ti mes do incerto

boa viaxe ata que volvas

 

setembro reino de antigas viaxes

de barcos cheos de néboa morna

se un día a encontras no teu camiño

dalle recordos da miña sombra

Advertisements