Laura

tumblr_m0le3iXrri1qh0x6ro1_500

Xa un século de soños te restaura

no frio corredor cando entardece,

ornado o meu retiro de alamedas,

e baten nos relóxios outras horas.

 

A luz do outono clama por ti, Laura,

e a liña do teu voo se me esvaece,

remoto un fondo fráxil de veredas,

relembro, chama ou sombra do que foras.

 

A tarde é só unha liña no horizonte,

un sopro, un tren de alaudas, a beleza

que a néboa xa resgata no reflexo

dourado deste lago ensombrecido.

 

Contemplo ese camiño, aquela ponte,

e desces para as águas da tristeza,

garnida polo aroma do desexo.

E sinto que regresas para o olvido.

Advertisements