Xardín queimado-fragmento VIII

friedrick-nietzsche

Porque a melancolía non é máis

que a dor pola perda do que nunca tivemos

By the waters of Leman

A melancolía non é máis

que a dor real por unha perda imaxinaria

E como doe o imaxinario

Como doe na realidade o que nunca estivo aquí

E Electra era unha chave sen porta para abrir

Electra era unha porta sen abrir

Nas terrazas onde dormen vagabundos sen estrela

Debuxada sobre o fondo dos seus ollos

Vive a luz

Neboenta dos poetas

Unha luz de lume negro

República infeliz

Xardín queimado

De baleiro esquecemento

Como un soño que apagasen os obreiros do concello

Ao regaren sobre a rúa a poeira do vivir

Ían eles barba longa

A pousar o seu cansazo sobre as pedras asombradas

E falaban sobre a noite

Compartían o tabaco

Camiñaban sobre a esfera imperfecto do silencio

Por lograren o máis alto

Ser acentos nunha idade toda átona e feliz

Seren hiatos no ditongo

Ser escuros xunto á luz como pobres e moinantes

Vagabundos coma min oh traidor dese destino

Vagabundos coma ti oh descúlpame a maldade

 

para descargar o poema completo

Advertisements