Xardín queimado-fragmento IV

Allen Ginsberg

Falareivos da nación

A vós tan afastada sen nada para dar

Chegara tarde a casa Estaba a amañecer

A noite consumía misteriosa os líquidos da alba

E eu viña sen fatiga

Paseniño

Deixando atrás os mapas

Non era por febreiro que marzo xa caera Así que por abril

Abril era unha longa baía con navíos

Con barcos que ancoraban con chaves para abrir

As portas submarinas dos últimos atlantes

Abril era unha abra con naves debuxadas

Con longas e con lánguidas pegadas de tristeza

Abril como unha pedra escura pedra abril

A pedra de subir silente nos transportes

Erguer a madrugada na beira dos andéns

E Abril chegara á casa deixando atrás abril

Falareivos da nación

Neboenta dos poetas

 

para descargar o poema completo

Advertisements