Afonso Sucasas (1940-2012)

2012_01_17_IMG_2012_01_17_043527_soc1

Advertisements

Xardín queimado–fragmento II

anne waldman

Era tanto o neboeiro na xornada en que saín

Que as bandeiras apagadas eses húmidos farrapos

Desoladas as laranxas na fronteira

Famélicos os poldros que cruzaban o Xordán

E foi naqueles días que Xoán apareceu

Baptista a pregoar do fondo do deserto

E dixo ben clariño que todos escoitasen

“É hora xa de erguermos a voz para pedir

Perdón porque é chegado o tempo do Señor”

Usaba un longo abrigo de peles de camelo

Un cinto que viraba en torno dos seus lombos

De mel se alimentaba silvestre algunha herba

E dixo desde a altura políglota O SEÑOR

NON EST BONUM ESSE HOMINUM SOLUM

FACIAMUS EI ADJUNTORIUM SIMILE SIBI

IT’S NOT GOOD THAT THE MAN SHOULD BE ALONE

I WILL MAKE HIM A HELPER FIT FOR HIM

IL N’EST PAS BON QUE L’HOMME SOIT SEUL

JE LUI FERAI UNE AIDE QUI LUI CORRESPONDE

Oh vén altiva Electra acepta os ornamentos

De ouro que che damos

 

para descargar o poema completo