Nacemento de Venus

Nacemento de Venus

Foi tempo entón de ver no sol que adormecía

Un astro debuxado con cores de invernía,

A luz que se afastaba, silente, fuxidía.

 

No centro daquel voo, sentido como un eco

Estaba o rastro enxoito, esgotado e seco,

Dun corpo de fantoche, efixie de boneco.

 

E todo o que noutrora sublime parecera,

Aquilo que con fíos de soños se tecera,

Morría coa chegada do son da primavera.

 

Que aqueles eran tempos de nova claridade,

E o ciclo que chegaba, con grande maxestade,

Adeus por sempre daba a toda escuridade.

 

Así que camiñamos sen máis nada que ver

Ao lago no que ardía a luz do amañecer.

E vin saír das augas un corpo de muller.

 

poema inédito dos tempos da escrita de Morte do Fadista

Advertisements