Eça em Sintra

Eça-de-Queirós

Se un día, por azares do curso dos teus días,
Das árbores aprezas o insólito clamor
E dás en percorrer sombrías singraduras
Por baixo da romántica enramada
E asistes ao esplendor do outono entre os palacios
Que asoman nas alturas erguidos para o mar,
Sen dúbida, verás saíndo dalgún coche
O enxeño insinuado no brillo dunhas lentes
A máxica figura daquel que foi capaz
El só de reiventar o romantismo.

Oh, tráxico escribinte, fatal compositor
De dramas e destinos, de insomnes varonías
Deitadas contra o fado, feliz imaxinando
Curiosos avatares en salas e cafés.

Advertisements