flor da profecía

tumblr_ly88ml2Dl21qjm0dlo1_500

Xurei algunha vez que había de deixar
Os prístinos misterios, os tétricos arcanos,
Aquel bater de ondas nos náufragos pianos.
Non son máis que un rumor, un escuro bruar.

En horas como esta un pódeos contemplar
Ardendo baixo as lavas dos cánticos humanos.
Que levan dentro a sombra dos meses e dos anos,
das cartas que esquecimos un día contestar.

De nada ha de servir tan alta melodía 
O sopro da distancia na tarde a percorrer.
E nótome nos ollos a sombra da alegría,
Do paso delongado da brisa fuxidía,
Do dogma e da doutrina, da flor da profecía,
Do pó que o longo abril quixera esparexer.

Advertisements