Do corvo solitario (soneto en alexandrinos brancos)

tumblr_lykh8niUiG1qap9qio1_400

Agónica por veces, recente moitas outras
Fumega algunha vez por dentro e nos abafa
A marca que sinala o ascenso doutro século.
Por iso esta distancia do mar que se espreguiza.

E escribo sete notas felices como un vidro,
Os labres coa sustancia frugal da eternidade.
Levando nas palabras un vello traxe gris,
O aberto mirador do ocaso sobre o mundo.

E dígome dicíndoche que noite máis estraña, 
Feliz como os moinantes, os pobres, os saudosos,
O mesmo que se un día a néboa se abatese
Nas neves derretidas, nos ventos xa pasados.

Espectro de viaxes fendidas polo tempo,
Aniña agora en min un corvo solitario.

Advertisements