sedentarismo

151152153154155156

Instalación de Ana Madureira no Festival Internacional de Teatro de Rúa de Santa María da Feira, Maio do 2012

Advertisements

as graves cordas brunas (soneto en alexandrinos brancos)

Ben Goossens

Que luxo esparexer os meses daquel tempo

nos montes, no solpor, nas praias consteladas,

a xeito de bandeiras, de erguidos estandartes,

cristais que o vento inzou de follas e silencio.

As torres que se prenden no límite da néboa.

As aves que atravesan a calma vestidura

da tarde como un voo de cinza ou de tristeza

ficaron sen misterio, do enigma abandonadas.

Así que agora empuño o lapis para obter

un signo como un vidro de sal ou de loucura

e darlle novo empuxe ao corpo derrubado.

Porque esas son as regras do xogo da ruleta:

a música de réquiem, as graves cordas brunas,

sinais do meu periplo nas chagas da existencia.