insignia de victoria

tumblr_m13n90qduL1qgwmzso1_500

os signos que ficaron do tempo no seu paso

de pedras e fragmentos de íntimos metais

(a sorte a estrela o albur

que xiran as súas rodas e os seus radios

á busca doutras illas e mares e linguaxes)

son mostras dos camiños diversos que procura 

Enigma no solpor

 

a noite de verán bañada en plenilunio

os corpos transparentes das medusas

o lento decorrer de néctares alados

anxélicas milicias

 

avanzan sobre o lombo dos outeiros

coroan cos seus ramos coa fronda do seu voo

o negro cadaleito da néboa da existencia

e deixan a pegada da lúa nas mazás

erguendo no seu canto principios de viveza

 

se inútil toda insignia de victoria

máis torpes os lamentos da derrota

Advertisements