Dark Butterfly

Book Trailer da novela de Rexina Vega, Dark Butterfly, publicada por Edicións Xerais, 2012

Advertisements

M. M. danza sobre os prados

tumblr_m17gub3aw21qb8vpuo1_500

a danza está composta de brillos e de espellos

de ritmo no seu lento discurso acompasado
 
persegue unha canción procura unha distancia

ferida polas flores e as lágrimas da brisa

e arrinca entre as materias vermellas o crepúsculo

fundada polo vento erguida polas queixas

deitando un voo de auga nos cólicos do mundo

 

non dorme está mirando

progresa para a sombra camiña para o escuro

un pó de cinza vella por riba das hortensias

 

son trazos arrincados aos ríos coa calor

que tinxen o papel dos mapas e das cartas

das follas que escribiron os meses devalando

azuis como un harpexio de líquidos e chagas

 

satélites de cinza distantes a rotar

de tanto como fere a luz dos seus contrastes

por ríos e por soutos e néboa entre carballos