desmesura II

tumblr_lxecojvHtf1qzgr2lo1_500

agora que este tempo xa esvara de preguiza

alá desde as alturas do inverno cobizosas

deitando o seu vagar no espazo da cidade

e o día vai abrindo pigmentos de silencio

dispondo o seu enigma de soños sobre a música

quixera eu derramalo á beira da túa luz

que todo vai moendo a roda do devir

a roda xigantesca dos lumes do crepúsculo

 

poetas derrubados na crenza da linguaxe

oh corpos como aves nun voo de clarinetes

levados do misterio se cadra e vén ao caso

deixando atrás un día de sol sobre o deserto

mandádelle recordos cristais que o vento inzou

a aquel que derrrubaba a voz contra as adegas 

o ingrato amigo Nietzsche o louco visionario

que todo vai moendo a roda do devir

a roda xigantesca dos lumes do crepúsculo

Advertisements