electrón

surreal-photos-3

o tempo agora dime morreu de vez o inverno

e vai pousando aves polo fondo da distancia

e vén esparexendo un algo de calor

 

é tempo con espazos máis nítidos brillantes

e corpos que souberon hibernar

alá na estraña  Hibernia ese país

de torres e de longos panascos entre a néboa

 

Hibernia ese lugar que amence polos soños

e prende un electrón de música na alma

 

o tempo agora dime chegou de novo a hora

os días de vivir as vidas a diario

viñeron as semanas volveron os teus meses

e quen lle explica así que foi o longo inverno

das torres e as cabanas dos rústicos galpóns

quen fixo a flor dos días máis branca e xubilosa

quen puxo nestes lustros pigmentos de borralla

 

o tempo dime agora chegaron os teus soños

Hibernia un electrón a música e a alma

Advertisements