himno

20100923_ben_goossens_05-600x419

o curso daquel ano fixéralle gardar

na sombra algunha tarde

e noites no caixón do olvido e dos enigmas

que todo foi sumido no insomne devalar

das horas como paos deitados por un neno

nas augas río abaixo

 

(alguén tirando anacos de madeira

e o fluxo da corrente conducíndoos

barquiños que se perden no fondo da distancia

e son no soño inxenuo a heroica frota

que os ventos levan lonxe a combater

nos círculos da historia)

 

o curso daquel tempo vertéralle algún viño

nos cálices do rito nas roupas de morrer

e quixo que un oficio sagrado o conmovese

con músicas e sombra

e quixo que algún verso brillase como un himno

da alma conmovida

os himnos que abril ergue nos pórticos do ano

as abras que abril abre con flores e con luz

Advertisements