ZaSu Pitts1894-1963

m197701882809

o corpo que levaba na altiva primavera

non era o que deixaba caer pola lembranza

 

perdera algo de masa muscular

tamén o corazón

batíalle máis forte

e vía algunhas nubes pola sombra

parásitos estraños

fragmentos dunha néboa tan antiga

que dera en situarse no centro da mirada

e o mesmo que un solista nun concerto

solemne lle impedía oír o voo das trompas

 

o resto era inocente

fervía por agosto

e tiña nas laranxas os obxectos

de todo o seu desexo

 

o rostro que mantiña oh si era un engano

o pouso que deixaran nas meixelas

dous cólicos de sombra

e o medo

o medo que abre un porto a unha tormenta

e esquécese do acougo

 

tamén levaba un pouco de derrota

sabor de antigos días

prendidos polas beiras dos labres

o signo sideral das rodas dos planetas

caídas entre os beixos que non dera

 

e ardíalle o misterio igual que unha faísca

un lume orixinal unha tristeza

Advertisements