valor

sunset double

non tes perdón de Deus e o demo non te quere

non vales para el

así que vas errante seguindo o teu cantar

insólito vadío sen eivas nin cegueira

e tes casa nas festas nos cruces nos mercados

e dormes baixo pontes

e báñaste nos ríos

 

xa sei que renunciaches á parte do tesouro

que fuches construíndo a nova realidade

que ollas para os outros atónito perplexo

sen dúbida inquerindo cal é o seu sentido

que tes na túa conciencia a estraña sensación

de estares novamente no inicio da linguaxe

do mundo no comezo

do sangue no momento en que alguén desabillou

o viño dos bocois e foise derramando

vertendo polo chan

igual que se verteron os tempos os esforzos

 

non tes perdón de Deus

xa sei que non che importa

e o demo non te quere

nin vales para el

Advertisements