falso poema chinés

osullivan.bridgeout

a ponte que conduce á torre dos enigmas

caeu sobre o torrente do escuro e da distancia

e foi deitando páxinas escritas

mil páxinas de cinza murchando coa humidade

o río esborranchando con vellas inscripcións

 

alí ficou disposto oh todo aquel saber

os mitos que explicaban algúns sabios

e os séculos de luz de brillo de miraxe

que daban como ciencias ilusas as destrezas

que hai tempo amoreamos

 

a ponte que nos leva ao alén desta ignorancia

á ignota das ribeiras que o río anda lambendo

quebrou esnaquizouse perdéronselle as pedras

deixou de ser un tránsito pra ser soamente imaxe

Advertisements