cristais

Man_Ray_Photograph_of_Surrealist_trance_session_1923

eu gardo algunhas tardes fragmentos de cristal

no fondo dunha caixa

para ver

se o tempo prende neles

se deixa algunha marca

de ausencia ou de presenza no vidro transparente

mais todo fica Idéntico

que nada aconteceu

os días xa mudaron

as tardes xa creceron

e seguen os fragmentos de cristal

insólitos e anónimos

levados no fluír de ignotos ciclos

acaso sabedores das regras que manexa a eternidade

 

son pezas que encontrei un día camiñando

non sei por que lugar

acaso algunha praia un labirinto

a praza en que alguén fixo romper algunha copa

 

gardeinos como gardo obxectos desolados

anacos de tristeza

e axiña fun sabendo cal era o seu destino

durar sen máis paixón

que o frío a escuridade

durar como se fosen

alleos ao fluír das horas e dos séculos

 

fragmentos de cristal de vidro solitario

anacos dunha sombra de enorme escuridade

minúsculas umbrías de brillo inesgotable 

Advertisements