porta

500full

a porta que hoxe abro na sombra dos meus soños

non dá para un xardín tampouco para un cárcere

alguén quixo poñela no sur do corredor

alí onde medraba o mar do esquecemento

é porta sen memoria castigo por vivir

por ir queimando as árbores da tarde

por dar contra as paredes dos templos un concerto

de música atonal

alguén foina deixar aberta por se chega

do mar algún navío cargado de lembranza

do mar algún naufraxio de pánico e cancións

eu ollo para a porta non podo camiñar

son quen de andar un pouco mais non o suficiente

e a porta segue aberta no fin do corredoer

deixando que a distancia se me achegue

o mar nos seus abismos

o sol segue a brillar

Advertisements