emperador

Do oriente chega agora, mistérico, un abril,

aínda unha promesa.

E volven do horizonte unha laberca

e aves consteladas,

paxaros que namoran estrelas na distancia.

E, xélido, persegue o inverno unha canción,

un voo de alentos tristes.

E a máquina que prende nas cordas do piano

e vai fechando portas na harmonía

dos líquidos de oriente

apágase cansada, medita no silencio.

 

Doído medra o inverno fechado na conciencia.

Doído porque sente proer as cicatrices

alá polo horizonte da tarde sobre os campos.

Doído porque fere na pel este xaneiro

os días en que chega, celeste emperador.

Advertisements