palabras derradeiras

pn_742_Image_172

Como o pouso un tanto amargo que deixa o viño seco,

como a froita derramada que se torna aceda e doce,

como os días de nordés en que o sol aquece o frío,

como as noites de verán en que a luz vive na sombra,

así foi o meu camiño polas veigas consteladas,

polos montes da tristeza.

 

Souben ver axiña os pozos, os caborcos, os regatos,

mais perdín tantas semanas estudando no luar

que inda agora cando o escuro se debruza sobre min

e dispoño os meus diarios, os cadernos en que fun,

non atopo máis que vellas cicatrices,

cartas longas que un amor me remitía

para as torres e os palacios

onde, só, dilapidei toda a fortuna.

Advertisements

2 thoughts on “palabras derradeiras

  1. Pingback: Caligrafía I « O Ximnasio de Academo

  2. Pingback: O Ximnasio de Academo » Caligrafía I

Os comentarios están pechados.