evening

koudelkasmallerjpg

Que será deste serán cando chegue a noite escura,

cando a noite se deteña e xa pida paso a frauta,

cando o voo dunha lanterna nos repita nos espellos

a súa cálida mención de escuridade.

 

Que será destas hortensias, destas pedras aquecidas,

desta luz que o sol reflcte sobre a liña do horizonte.

 

Que será da sombra murcha desta lúa esparexida

como un pó de brillos loucos e saudades e distancias.

 

Que será da miña fronte

en que árbore hei buscar inocente o seu descanso.

 

Que será da miña boca,

dos meus labres no serán,

cando o peso dos camiños

deixe incendios na mirada

e haxa un sopro de aire fráxil

percorrendo o labirinto

da linguaxe entre as palabras.

 

Que será deste serán.

Que será.

Que será.

Advertisements