Preludios para Miguel Anxo Fernán Vello

No día de onte, e ao longo dunha comida de homenaxe celebrada na Coruña á que asistiron unhas trinta persoas, fóronlle entregados a Miguel Anxo os primeiros exemplares de Preludios para Miguel Anxo Fernán Vello, libro de estudos literarios, editado por Laiovento e coordinado por Luciano Rodríguez. _MG_0707

007011017018025031032053055057

aves

tumblr_louwke9HJ21qg7yx4o1_500

As aves que hoxe murchan as flores das maceiras

aniñan no solpor do corazón.

 

Non son aves canoras nin tristes andoriñas

nin doces pintasilgos nin cálidos pardais.

Mais ben levan o canto pintado sobre o lombo

e buscan polos montes a sombra dun salgueiro,

un lago de auga branca, silencio de sepulcro.

 

As aves que me anuncian, oh van tan adiantadas.

Tan tarde hei de chegar que é inútil a distancia.

 

Se acaso as ves pousadas no alto dun arame

non penses que ando próximo dos corpos que proxectan

escuros contra o ceo.

 

Só pensa que eu irei, máis antes que despois,

oír o seu misterio de sombras e de espello,

catar o viño escuro que emerxe do misterio,

perder o meu alento na apócema de sal

que ás veces esparexen xa ebrias polo ocaso.