Derradeira intempestiva

9mkCX

A noite que abre o outono é sempre na distancia

igual a aquelas outras que arderon no verán

e foron consumindo agosto como un vidro

gastado polo sol comesto polo tempo

E deixa un voo de asombro nos corpos aquecidos

os corpos que relatan un látigo de pan

os corpos que deploran as tardes tan infindas

brillando alá no fondo do tempo os seus cristais

o mesmo que un diamante igual que unha paixón

deíxándonos en pátinas de xeo

un líquido licor

A noite que abre as horas dos días de setembro

A noite en que se inicia o outono para sempre

E leva atrás os mapas escuros pentagramas

cun voo de vento triste insólita esmolante

a pór cancións de area bagullas xa vertidas

no fondo dos armarios das caixas entre o pó

Advertisements