pontífice

artistic-surreal-photomanipulation-by-sarolta-ban-13

as pontes que eu erguín no tránsito dos anos

cruzando ríos tristes e vales sen mencer

manteñen inda erguido o voo da enxeñería

que un día as levantou

son pontes como outonos que houben de cursar

levando unha folerpa brillando como flor

no centro da lapela

ou barcos que chegaron fuxindo dun naufraxio

seguro nas tormentas que abril acende ás veces

as pontes dun lugar fendido entre ribeiras

as pontes que eu crucei oh tardes do meu tempo

cando eu aínda era aquel que outrora eu fun

Advertisements