nostalxia do tabaco

Surreal-Victorian-Portrait-Surrealism-by-Jeffrey-Michael-Harp

Ferido pola ruína que o teu trato me causara

Debo agora, grato amigo, abandonarte por un tempo.

Felices fomos xuntos nos lugares en que ardías

Fumegando celeste ou queimándote en min

Como quen leva unha fogueira entre os seus labios

E esperaxe bocanadas como bruma.

Máis fiel que un can ou que a tristeza

Ingresache comigo en lugares que case non lembro

E, partícipe do beixo doutras bocas,

Foche quen de axuntar os tremores e o corpo

De seres caídos, animar a conversa,

Aquentar a amizade por noites enteiras,

E ser vixía no estudo, nas letras, na música.

E aínda agora que te deixo,

Culminado polo voo dunha fama sombría

Que atravesa as florestas e os mares,

Consciente, por un día, de que só me achegabas a morte,

Teño alento para darche aínda un último saúdo,

Sentinela do crepúsculo e da noite,

Compañeiro do café.

Advertisements