moito que dicir

21

É certo que non teño xa moito que dicir.

O outono derrubou os brazos das estatuas

E as máscaras murcharon, destintas, amarelas.

Fiquei sen escenario no medio do teatro.

Daquela será bo que falen outras voces.

Que sexa este bater do sangue na linguaxe

Quen dea flor e froito;

Que sexan elas, pois, insólitas e noivas,

Fructíferas, brillantes.

De min xa nada importa.

Non son máis ca un encontro

Do verbo e desta idade

Nun triste país.