invitación de voda

The-Wedding-Gervasio-Gallardo

Non sei por que pensades que o nobre evanxelista

Ten pouco en realidade que ver co autor dos versos

Que agora percorredes. Non cabe a menor dúbida

Nun home tan proclive ao trato disipado

Con loucas e cantantes. Acaso esperabades

Alguén con maior mérito, algún deses insólitos

E místicos rapsodas que veñen de pasar

Cen anos no deserto e teñen cor de inverno

Ou mesmo un eremita transido de arrebatos

E os ollos aqueixados de insólitas visións

Do Hades ou do Averno. Mais nada diso é certo.

Eu son o creador das novas relixións,

Aquel en quen converxen as liñas onduladas

De antigas devocións e inéditas piedades.

Seguídeme se acaso queredes celebrar

As nupcias da divina e o bardo acompañante.

Advertisements