Presentación do dogma

Extravaganza

Diredes que é imposible que un home fundador

De novas relixións impío se declare

E en público renegue da musa e mesmo diga

Ao tempo que da deusa é nobre evanxelista.

Maiores perversións se teñen encontrado

Nos usos e costumes dos humanos.

Así que o meu discurso en temas teologais

Percorre territorios de insólitas umbrías

Que nunca darei posto por escrito

Por mais que deles trate en obras e volumes,

Tratados, manuais, epítomes e textos.

Así que deberedes aprender

A amar cos vosos ollos o misterio.

Despois de todo amigos, lectores e inimigos,

O enigma fai o dogma e o dogma non é máis

Ca un súpeto e constante transtorno da linguaxe.

Advertisements