Funérea III

architecture,junk,photography,awesome,places,books-6e8cacff6aa8dbfa146343081254a4d8_h

As linguas cando morren oh déitanse a pacer

Nos vales onde dormen os discursos

E arrincan flores tristes das ribeiras .

Camiñan perseguidas por tráxicos obuses

Que estralan cos seus verbos de pólvora e rebentan

Nos campos de exterminio das palabras.

As linguas nunca saben se poden apañar

Mazás ou dar laranxas a aqueles esmolantes

Que chaman ás cancelas para ser

Os últimos en pór o alento sobre un nome

A lúa da súa boca na sombra dun letreiro

Así que as linguas morren felices como morren

As tardes e o verán e as músicas e as flores

Por iso están contentas e proseguen

A rota inesperada do seu canto.

Que as linguas son milagres e nunca retroceden.

Só avanzan como a néboa.

Advertisements