Funérea II

artistic-surreal-photomanipulation-by-sarolta-ban-04

As linguas cando morren non deixan de soñar

Só calan non se escoitan percorren o país

Descalzas sobre as pedras e senten os seus pés

Lixeiros como un soño que baila sobre o outono

As linguas cando ven que morren as palabras

Que xa ninguén pronuncia vocábulos sentencias

Debuxan unha ponte nas flores e disparan

A pólvora de outubro no centro da súa fronte

E soñan entre as pernas dos poemas

E pintan sobre as portas dos palacios

As linguas non coñecen a luz dos cemiterios

Os barcos que atravesan as gándaras do olvido

Os óbolos que deben os mortos redimir

En pago polo azar da travesía

Deitadas sobre a herba dispóñense a notar

O súpeto tremor da brisa entre a ramaxe.

Advertisements