Sen título I

IMG_2401

Cando a tarde para o voo da súa ruína e vai fundando unha cidade

un palacio no que o tempo habita estancias de sombra,

unha torre na que a noite  erixe o mar dos seus heraldos,

e, nos arbustos, xubiloso, medra o ramo de abril,

poboando o mar de cinza con peso de chumbo,

e hai no  oráculo da tarde un sinal de barcos lonxe,

os cadáveres do outono flutuando

-talos murchos, flores secas, prumas de ave-…

na cripta onde repousan as augas austrais

volve a tarde do interior a pór umbrío o val da alma,

o remanso onde a soidade ten acuáticos reflexos.

Advertisements