Alquimia

IMG_8861

Algunha que outra vez, no instante de chegar

Á fórmula que cifra o voo da eternidade,

No intre en que os meus ollos comezan a enxergar

Os fíos con que tece a inmortalidade,

Alguén con manto negro de súpeto aparece,

E a fórmula e os fíos… oh todo se esvaece…