Algún cisne

Untitled-3

Os mantelos con sinais de viño derramado,

os búcaros de alpaca, vacíos, sen ornato,

a cor púrpura dos vellos lamigueiros do xardín,

o cisne adormecido xunto á sebe de aligustres,

o quebrado cristal destas copas,

non serán, doce outono, un lutuoso sinal

para aquela que baila mentres Pan tanxe a frauta?

Advertisements