Exilio

Cando entrado en celeste extravío
o que fora viaxeiro chegou
de regreso á súa patria
e, vendo os lirios do xardín, comprendeu
que a súa idade fuxira
e que agora o seu berce só era unha estraña paisaxe,
sentiu o exilio como propio
e partiu.

Pois de nada servía asentarse no val
onde as herbas que amara morreran
e até as aves eran ecos doutras aves
que non divisara.

Advertisements