Unha flor para Dionisos

11F5F822

Dime ti, oh Poética,
que me ocupas como un don desde hai máis de vinte anos
e pervives allea ao tempo e aos seus vidros
abríndome horizontes afastados como néboas marítimas
sen teres nome nin divisa,
quen entre os que tanxe o laúde melancólico do verso
como se fose unha harpa triste (ou xubiloso oboe)
ousaría sinalar para as idades
os segredos do teu lúdico actuar?

Está no grito da Sibila
que Natureza non di nin oculta nada.

Simplemente significa.

Advertisements