Der Abschied

DCF 1.0

Cantábaslle triste Ich liebe meinen Mann
ás primeiras sombras do inverno
naquel café do Báltico sen nome.

As áncoras da noite no repouso
e a eivada luz tinxida de ribeira
alongaban a estancia do eco
no espello dunha música de esponxas.

Como esquecerte, oh Alemaña!

Grande é o vaivén co que moven as horas
o carro de flores da tarde. Os días
(que son as areas dun deserto inútil)
pasaban lentamente. Soñabas
a trémula imaxe do cristal
e a poeira antiga dun reloxo gótico.

Advertisements