Magnificat

20100923_ben_goossens_05-600x419

Señor,

ti que despido te compraces

nas cereixas, nas granadas,

nas gaivotas e pardelas a chiar polos cons,

se acaso nos meus días non houber

unha noite branca en que ancorar os versos,

que a túa man acostumada ás colleitas de cinza no outono

roube do meu corpo a eternidade.

Advertisements