Variacións sobre un soneto de Shakespeare

Untitled-1

“When forty winters shall besiege thy brow”

William Shakespeare

 

O día en que tres ducias de exércitos asedien
Os muros da túa fronte
E fondos sulcos caven nas leiras da túa pel
Se acaso alguén pregunta qué foi desa beleza,
Por ónde, esparexido, ficou aquel tesouro,
Qué terras desoladas serviron de acollida
Á excelsa pulcritude das galas e os aplausos,
Dicir que están no fondo dos ollos afundidos
Nalgunha das enrugas que marcan o teu rostro
Será vergoña amarga e va confortación
Pois canto máis afago sería da beleza
Gastada que os teus fillos puidesen respostar:
“Eu son o que conserva dos lumes que xa arderon
a eterna chama viva, aquel que ha de pagar
as contas e saldar todas as débedas”.

Advertisements