Brúxula de poetas desorientados

Oh líricas caducas que xa ninguén aprecia,
Axiña saberedes que é tempo de acender
O verbo con lumeiras de outonía
E a pira oferecer á deusa que eu proclamo,
A nobre Lidia espida, amante do solpor.

Oh grato este discurso de fiel evanxelista,
Torrente de inspiradas profecías,
Que vós, cegos feirantes, falaces charlatáns,
Xamais conseguiredes dar a luz,
Por mais que nas parteiras alcólicas busquedes
Consello ou inspirada protección.

Así que derrubade os líricos alardes,
Os templos de cristal e humildes ás marmóreas
De Lidia ermidas brancas silentes acudide.
Acólitos precisa o novo gremio escuro.
Seguide ao evanxelista que agora vos reclama.

Advertisements