Cae a cinza na pel como a prata no outono

Cae a cinza na pel como a prata no outono
e os arroios que estenden o inicio do mar.

Todo é vello na terra.

Até os páxaros breves que chegan ás faias
anunciando entre a néboa esvaída dos sulcos
o tesouro da flor que xuntou a súa morte
co arrecendo da herba.

E só ti, meu remanso de alaudas,
gardas dentro o sinal dun ocaso
para tanta aflición.

Advertisements