Consellos 4

Nunca poñas na fronte unha pinga de sal
Se non é para darlla aos que levan o crime
Debuxado nos sulcos da palma da man.

Gárdaa sempre por dentro, procura non tela
No lugar onde poidan mirala outras xentes máis doces.

Mais se alguén che reclama un incendio ou agrede
Os palacios máis nidios de todo o teu reino
Ou vulnera o que gardas en herdo
Como dádiva triste da túa liñaxe
Non esperes a entrar como un touro ferido
No interior do seu ventre,
Non evites mancar as súas vísceras agres
Nin tiralas despois sobre a lama ou as pozas
Como escuro alimento dos nobres avutres.

Advertisements