Consellos 3

“O gran do que xermine a flor da túa ventura,
Semente da túa sorte,
Ha ser un puro acaso.

A todo o que prodigue o fado co seu voo
Lle compre ser fatal”.

Así falan os signos, así fulxen estrelas.
Por iso non digamos que existe na túa fronte
Un trazo de infortunio, a marca da derrota.

Que toquen as campás
Mostrando no seu eco o azar da providencia.

Advertisements