Consellos 2

Non gardes no diario da incerta travesía
Máis páxinas que aquelas, precisas, necesarias,
Xurdidas do luar caendo no navío.

A noite é só unha améndoa, fendida no seu centro,
Que amostra o froito cándido, bañado de brancura,
E ti xa navegaches naufraxios, descalabros,
Desastres e aínda olvidos.

Así que non conserves as follas da paixón,
As láminas da morte, calquera outro papel
Brotado dos espolios, das glorias ou caídas.

Só debes custodiar as íntimas penumbras
Daquilo que aínda escribes en brillos inspirados,
E sempre rexeitar
Fracasos, bancarrotas, ruinas, desventuras.

Advertisements